Implicadas Rotating Header Image

Posts from ‘Abril, 2010’

Níxer

“Porque unha vida en Occidente non ten prezo, pero a vida en África non ten valor”. ___ * Sonia Díaz recomenda Níxer (Xerais, 2010).

Fin de século en Palestina

“Era moi tarde, pero eu aínda tiña moito que facer polo que decidín prepararme un té con menta e permanecer en pé o que quedaba de noite. Cada pouco ía durmir un sono duns minutos no trono do Papa, procurando non adormecer de todo. Pero ás seis ou sete da mañá a canseira venceume. Fíxome […]

Seda

“De cando en vez, nos días de vento, Herè Joncour baixaba ata o lago e pasaba horas mirandoo, posto que, debuxado na auga, parecíalle ver o inexplicable espectáculo, lene, que fora a súa vida” ___ *Pitty donou Seda, de Alessandro Baricco (Rinoceronte).

Fabulario Novo

DEGARO Sobor de todo, ser, e fronte a todo e contra todo: xurdir do corazón feito semente para o suco que as poutas do vértigo abriron nas escumas do naufraxio. Sobor de nada, ser, e fronte á nada e contra a nada, xurdir; xurdir ergueito da xerfa dos degaros para unha estela de odio, amor […]

As Torres no Ar

A LUZ DE ABRIL: a terra xeme de sazón, entreabre o fondo sulco do amor e canta. ___ Luz Pérez Costas donou As torres no ar, de Antón Avilés de Taramancos (Galaxia).

Sempre en Galiza

Un idioma non nasce pol-a vontade xenial d-un grupo de homes; nasce pol-a predisposición psicolóxica d-un povo, que, en condicións hestóricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de eispresión. Porque un idioma é o corpo sensible d-unha cultura, e todo atentado á língoa peculiar d-un povo representa un atentado á súa cultura […]

O club da calceta

“Ata que hai uns día, mentres o padre Serafín remexía no altar, cheguei á conclusión. O que a min me gustaría ser e non fun é cura. Pero non home, diso nada. Eu, Elvira López, cura. Unha cura nova. Aos meus setenta anos. Nada de votos absurdos. Nada de discusións sobre o un e o […]

Resistencia

“Necesitaba saber do seu namorado, algo, calquera cousa, pero saber del. Como as follas necesitan do sol e a terra da choiva. como necesitaba respirar. Así Filipa necesitaba a Dinís” Miguel Rico recoméndanos Resistencia, de Rosa Aneiros (Xerais, 2003) “Cando conseguiron ver qué escondía con tanta forza, o corazón deulles un chimpo no peito. Un […]

Os camiños da vida

“O rapaz ollaba, como se fora a vez derradeira, as feituras do horizonte, apalpaba as pedras orceladas da solaina, ollaba o medrar dos novos enxertos do pomar, acariñaba a testa do can. Decorría o tempo preguizoso e, con todo, axiña de máis.” ___ Antón Riveiro Coello recoméndanos Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo […]

Morning Star

“Por fin fixo saltar a pechadura dun disparo. No interior había tres persoas, todas en camisa de durmir: dous homes e unha muller. Un dos homes era gordo, e apuntábanos cunha escopeta de dous canos.(…) A muller era vella, retorcía os brazos e choraba. A lembranza que furaba no meu cerebro estalou de pronto e […]