Implicadas Rotating Header Image

Ata pronto!

Clubs de lectura IND

Parece que foi onte e xa pasaron oito meses dende aquel primeiro aviso para navegantes.

Foron oito meses de travesía marabillosa, na que contamos cuns e unhas grumetes de excepción. Grazas, de verdade, Adrián, Laura, María Dolores, Marivén, Nacho, Paz, Pitty, Sheyla, Tareixa e Víctor pola vosa constancia e dedicación, polas conversas no chat a través das que, con nocturnidade e alevosía, descubrimos entre tod@s outras miradas, outras lecturas. Grazas tamén a Anxos, a Belén e a Begoña, que nos acompañaron nesta viaxe, silenciosas, pero atentas. E grazas, por suposto, a Miguel Anxo Murado, a Rosa Aneiros, a Antonio Reigosa e a Fran Alonso, por acceder a responder as nosas preguntas impacientes e a facelo, ademais, con tanto cariño e xenerosidade.

Dende quen nos guiou nos primeiros pasos, como Eva López (cuxo Lecturas compartidas, guía para crear un club de lectura foi unha excelente carta de navegación), ata tod@s @s que participastes no Para que les? e na Biblioteca Virtual (mención especial para Pilar Sampedro e Loly Lago, por darlle un novo alento ao Para que les?), a lista de agradecementos é, en fin, infinita… Para todos e para todas, unha aperta fonda e un Ata pronto!

Os comentarios están pechados.