Implicadas Rotating Header Image

Posts under ‘Biblioteca’

A última lectura desta xeira

Despois dunhas semaniñas desempacando libros, xa temos montados os primeiros andeis da Biblioteca Virtual do CLV de Implicadas. Grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración. Recibimos catro ducias de libros nos que caben todos os mundos posibles. Caben os clásicos da literatura galega, como Cunqueiro (Os outros feirantes e Si o vello Simbad volvese ás […]

Si o vello Sinbad volvese ás illas

Botou as cascas de laranxa ó mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas. Berroulle ó rapaz que estaba facendo uns estrobos na gamela. -¡Sari! ¡Olla pra isas cascas que tirei á auga! ¿Ves o marelas que son? Pois así son crarexando á alba as illas das Cotovías. Somentes falta a do medio, que ten unha […]

Circe ou o pracer do azul

Coas vosas cartas e a vosa innata sinceridade, convertestes á xa de seu para min satisfactoria ausencia de Ulises, nun tempo de completa serenidade e calma. Por primeira vez en moitos anos puiden gozar da contemplación do mar sen temor a que a sombra do barco de Ulises se debuxase no horizonte. Grazas, señora, por […]

Os outros feirantes

¡si puidera dibuxar a máquina namentras durmía! ¿non habería algún método? Roque non daba si o choio era de consulta de médico ou de abogado. ___ *Tareixa Alonso recomenda Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro (Galaxia).

O bosque dos raposos aforcados

Xusto cando Naska acababa de poñer o vestido de ir a misa e os mellores zapatos, dous coches entraron botando chispas na eira. Non pasara nada semellante en moitos meses. Por Deus! É que xa a viñan buscar para levala ao asilo de Inari? A anciá sobresaltouse de súpeto. Peiteou con rapidez o seu escaso […]

O símbolo perdido

– Os seus ollos téñeno a vostede cegado -dixo o deán-. Se vise a través das xemas dos dedos, como fago eu, decataríase de que esta caixa aínda ten algo que ensinarlle. Langdon obedeceu e pasou a xema do dedo polo interior da caixa, mais non sentiu nada. O interior estaba completamente liso. – Siga […]

Melodía de días usados

A vida é un libro marabilloso, o máis grande de todos e lese sobre todo entre liñas. Por iso hai que relelo continuamente, porque cada día, cada posición, é sorprendente. Mañá é xoves: talvez corte o pelo ___ *Pilar Rodríguez donou Melodía de días usados, de Anxos Sumai (Galaxia).

Home sen nome

E digo que non sei e si que sei, sei que todo o que me vén de aló ten significado. Ninguén pensa en min para escribirme por pasar o tempo, non teño quen me escriba cartas de amor, ou para contarme as novas de aló, daquela casa, daquela terra, daquela cidade levítica onde non hai […]

Herba moura

… o tempo, como tantas outras cousas, habelo haino, o caso é que se apiade de nós e pase a un ritmo razoablemente lento, non tanto como para aburrírmonos, que diso non se trata, mais sabendo que traza unha frecha que só pasa por diante nosa unha vez, que menos que permita que vaiamos collendo […]

A esmorga

¿Feitos? Feitos sonlle todos, tanto os que pasan fóra dun coma os que pasan dentro dun. O que pasou, pasou. E arestora xa ren queda do que pasou fóra dun, senón dentro dun. Agora todo está dentro de min, e si non me peta de me baleirar do que teño dentro, pois o que pasou […]