Implicadas Rotating Header Image

Posts under ‘Biblioteca’

O demo nos outeiros

“Eramos moi novos. Creo que naquel ano non durmín nunca. Pero tiña un amigo que aínda durmía menos ca min e, algunhas mañás, xa se vía pasear por diante da estación , á hora que parten e chegan os primeiros trens.” ___ *Xavier Campos donounos O demo nos outeiros, de Cesare Pavese (Xerais). Tradución de […]

Níxer

“Porque unha vida en Occidente non ten prezo, pero a vida en África non ten valor”. ___ * Sonia Díaz recomenda Níxer (Xerais, 2010).

Fin de século en Palestina

“Era moi tarde, pero eu aínda tiña moito que facer polo que decidín prepararme un té con menta e permanecer en pé o que quedaba de noite. Cada pouco ía durmir un sono duns minutos no trono do Papa, procurando non adormecer de todo. Pero ás seis ou sete da mañá a canseira venceume. Fíxome […]

Seda

“De cando en vez, nos días de vento, Herè Joncour baixaba ata o lago e pasaba horas mirandoo, posto que, debuxado na auga, parecíalle ver o inexplicable espectáculo, lene, que fora a súa vida” ___ *Pitty donou Seda, de Alessandro Baricco (Rinoceronte).

Fabulario Novo

DEGARO Sobor de todo, ser, e fronte a todo e contra todo: xurdir do corazón feito semente para o suco que as poutas do vértigo abriron nas escumas do naufraxio. Sobor de nada, ser, e fronte á nada e contra a nada, xurdir; xurdir ergueito da xerfa dos degaros para unha estela de odio, amor […]

As Torres no Ar

A LUZ DE ABRIL: a terra xeme de sazón, entreabre o fondo sulco do amor e canta. ___ Luz Pérez Costas donou As torres no ar, de Antón Avilés de Taramancos (Galaxia).

Sempre en Galiza

Un idioma non nasce pol-a vontade xenial d-un grupo de homes; nasce pol-a predisposición psicolóxica d-un povo, que, en condicións hestóricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de eispresión. Porque un idioma é o corpo sensible d-unha cultura, e todo atentado á língoa peculiar d-un povo representa un atentado á súa cultura […]

O club da calceta

“Ata que hai uns día, mentres o padre Serafín remexía no altar, cheguei á conclusión. O que a min me gustaría ser e non fun é cura. Pero non home, diso nada. Eu, Elvira López, cura. Unha cura nova. Aos meus setenta anos. Nada de votos absurdos. Nada de discusións sobre o un e o […]

Resistencia

“Necesitaba saber do seu namorado, algo, calquera cousa, pero saber del. Como as follas necesitan do sol e a terra da choiva. como necesitaba respirar. Así Filipa necesitaba a Dinís” Miguel Rico recoméndanos Resistencia, de Rosa Aneiros (Xerais, 2003) “Cando conseguiron ver qué escondía con tanta forza, o corazón deulles un chimpo no peito. Un […]

Os camiños da vida

“O rapaz ollaba, como se fora a vez derradeira, as feituras do horizonte, apalpaba as pedras orceladas da solaina, ollaba o medrar dos novos enxertos do pomar, acariñaba a testa do can. Decorría o tempo preguizoso e, con todo, axiña de máis.” ___ Antón Riveiro Coello recoméndanos Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo […]