Hai catro meses e medio que nos preguntamos, que vos preguntamos: «se a lectura é unha actividade extraña e solitaria… ¿por que nos gustará tanto?»… Parece que foi onte e xa levamos publicadas máis de 120 respostas! Como xa vos anunciamos no seu momento, o «Para que les?» atopou nos centros de ensino unha nova [...]
Posts under ‘Para que’
Sechu Sende
Se abres um livro si, pode que nom gostes del. Fécha-o! E abre outro e segue buscando. Confia. Como as mulheres e os homes, nom todos os livros som iguais. Se abres um livro de poesia coidado, pode que nunca voltes ser @ mesm@. Melhor. Se abres um livro de pintura pode que as formas [...]
Pepe Taboada e Violeta Bellas
Para sentir. Para ver, para oír, para escoitar o silenzo cando neva, a auga dunha fervenza, para ulir a herba recén cortada, a terra mollada en setembro, para saber… ___ *A foto é de Fernando Páez.
Pablo Cimadevila
«Porque ler un libro faiche feliz cando o lés pero tamén cando recordas o momento no que o liches a persona que cho regalo ou o lugar onde o conseguiches. Porque ler e recordar, e ¿quen non quere ter recordos?» ___ *Imaxe da película Der Himmel über Berlin. Atopámola aquí
Belén López Gómez
“Leo para que nunca máis ninguén poida escribir que os humanos nacen présos na caverna, que prefiren a vida cómoda das sombras, sumisos, a pensar por si mesmos de xeito irrenunciable. Ler é amar a liberdade.” ___ *A foto é de Txolobo. Atopámola aquí
Luisa Sánchez
“Leo para vivir o que xamáis podería vivir se non lese.” ___ *A foto é de Alex Webb. Atopámola aquí
Cristina Prieto Solano
“Eu leo para que os meus problemas non teñan tanta importancia. Para evadirme do mundo real e vivir as aventuras que corren as personaxes. Para sentirme libre e voar en dirección á felicidade.” ___ *A foto é de Eve Arnold. Atopámola aquí
María Isabel Pardo
“Para aledarme coñecendo historias, personaxes… outros puntos de vista. Para viaxar no tempo e no espazo. Para aprender, sentir e cativarme co xogo das palabras.” ___ *A foto é de Lewis Wickes. Atopámola aquí
Equipo de Biblioteca CEIP Pino do Val
Leo para ver e escoitar, para sentir e coñecer, para saber e ensinar, para vivir e deixar vivir. Leo para ser libre! ___ *A foto é de Codrin Lupei. Atopámola aquí
Ángeles Serrano
“Leo por pracer e por enriquecemento persoal.” ___ *A imaxe é de Cia de Foto. Atopámola aquí