Implicadas Rotating Header Image

Posts under ‘Para que’

As novas vidas do “Para que les?”

Hai catro meses e medio que nos preguntamos, que vos preguntamos: “se a lectura é unha actividade extraña e solitaria… ¿por que nos gustará tanto?”… Parece que foi onte e xa levamos publicadas máis de 120 respostas! Como xa vos anunciamos no seu momento, o “Para que les?” atopou nos centros de ensino unha nova […]

Sechu Sende

Se abres um livro si, pode que nom gostes del. Fécha-o! E abre outro e segue buscando. Confia. Como as mulheres e os homes, nom todos os livros som iguais. Se abres um livro de poesia coidado, pode que nunca voltes ser @ mesm@. Melhor. Se abres um livro de pintura pode que as formas […]

Pepe Taboada e Violeta Bellas

Para sentir. Para ver, para oír, para escoitar o silenzo cando neva, a auga dunha fervenza, para ulir a herba recén cortada, a terra mollada en setembro, para saber… ___ *A foto é de Fernando Páez.

Pablo Cimadevila

“Porque ler un libro faiche feliz cando o lés pero tamén cando recordas o momento no que o liches a persona que cho regalo ou o lugar onde o conseguiches. Porque ler e recordar, e ¿quen non quere ter recordos?” ___ *Imaxe da película Der Himmel über Berlin. Atopámola aquí

Belén López Gómez

“Leo para que nunca máis ninguén poida escribir que os humanos nacen présos na caverna, que prefiren a vida cómoda das sombras, sumisos, a pensar por si mesmos de xeito irrenunciable. Ler é amar a liberdade.” ___ *A foto é de Txolobo. Atopámola aquí

Luisa Sánchez

“Leo para vivir o que xamáis podería vivir se non lese.” ___ *A foto é de Alex Webb. Atopámola aquí

Cristina Prieto Solano

“Eu leo para que os meus problemas non teñan tanta importancia. Para evadirme do mundo real e vivir as aventuras que corren as personaxes. Para sentirme libre e voar en dirección á felicidade.” ___ *A foto é de Eve Arnold. Atopámola aquí

María Isabel Pardo

“Para aledarme coñecendo historias, personaxes… outros puntos de vista. Para viaxar no tempo e no espazo. Para aprender, sentir e cativarme co xogo das palabras.” ___ *A foto é de Lewis Wickes. Atopámola aquí

Equipo de Biblioteca CEIP Pino do Val

Leo para ver e escoitar, para sentir e coñecer, para saber e ensinar, para vivir e deixar vivir. Leo para ser libre! ___ *A foto é de Codrin Lupei. Atopámola aquí

Ángeles Serrano

“Leo por pracer e por enriquecemento persoal.” ___ *A imaxe é de Cia de Foto. Atopámola aquí