Implicadas Rotating Header Image

Posts under ‘Para que’

Lupe Enríquez

“Leo para vivir máis vidas e coñecer personaxes, para viaxar a onde non poido ir, para aprender, para informarme, para soñar… para disfrutar.” ___ *A foto é de Esther Bubley. Titúlase Glamour in the kitchen. Atopámola aquí

Ángel M. Lage

“Para que leo? Nunca me plantexei semellante pregunta e agora que o fago non atopo a resposta, simplemente leo.” ___ *A imaxe atopámola aquí

Saúl López

“Leo para aprender a pensar, para saber, para soñar, para dudar, para imaxinar, para pasalo ben…” ___ *A imaxe é de Henri Cartier-Bresson. Atopámola aquí

Manuel Veiras

“Porque hai sensacións que só as experimento cando leo e para recuperar a imaxinación que me robou a televisión.” ___ *A imaxe atopámola aquí

Belén Barrera

“Leo para divertirme; para vivir historias distintas ás de todos os días.” ___ *A foto é de Grete Stern. Atopámola aquí

María Jesús Mantenga

“Leo para ver retallos da miña vida, imaxes do meu mundo e os meus propios pensamentos contados como eu nunca podería contalos.” ___ *A foto é de Maya Goded. Atopámola aquí

Mónica Fiallega

Leo para imaxinar historias e personaxes, para coñecer outras culturas e costumes, para relaxarme e esquecer a vida diaria, leo para soñar. ___ *A foto é de Ernst Haas. Atopámola aquí

Marta Valcárcel

“Ler libérame, ensíname e reláxame, entretenme e informa; ademais de me facer pensar.” ___ *A imaxe pertence á película The Reader. Atopámola aquí

Luís Pereira

“Cada noite, leo para durmir mellor. Cada día, leo para estar máis esperto.” ___ *A foto é de Sarah Cates. Atopámola aquí

Darío Sánchez Costa

“Se non sabes, engánante. Fuxe da ignorancia. Ten opinión propia e sé dono da túa vida. Os libros son cultura, e tamén diversión. Por iso leo.” ___ *A foto é de Sabine Weiss. Atopámola aquí