Implicadas Rotating Header Image

Home sen nome

E digo que non sei e si que sei, sei que todo o que me vén de aló ten significado. Ninguén pensa en min para escribirme por pasar o tempo, non teño quen me escriba cartas de amor, ou para contarme as novas de aló, daquela casa, daquela terra, daquela cidade levítica onde non hai novidades. Sei que diga o que diga o papel que contén ese sobre engurrado ten significado, que é unha mensaxe que se me envía e á que lle debo dar desposta. Unha desposta na miña vida. A que abra o sobre ocorrerá algo, ocorrerame algo.

___
*Juan Torres donou Home sen nome, de Suso de Toro (Xerais).

Os comentarios están pechados.