Implicadas Rotating Header Image

Herba moura

… o tempo, como tantas outras cousas, habelo haino, o caso é que se apiade de nós e pase a un ritmo razoablemente lento, non tanto como para aburrírmonos, que diso non se trata, mais sabendo que traza unha frecha que só pasa por diante nosa unha vez, que menos que permita que vaiamos collendo tantos vieiros como sexa posible!
___
*Puri Blanco donou Herba Moura, de Teresa Moure (Xerais).

1 comentario on “Herba moura”

  1. #1 Cris
    on Mai 5th, 2010 at 09:50

    Mentres remexo con coidado a cunca que hoxe me fai compaña, deixo que suba paseniño polo meu nariz o vivo e fresco aroma de framboesa. Mestúrase co da roupa á que acabo de pasar o ferro e deixar no cesto. Cando se mesturan ambos cheiros, e como se dun acto reflexo se tratara non podo evitar pechar os ollos e sentirme na casa de Hèléne Hans agachada xunto as súas herbas e feitizos máxicos. Esta é sen dúbida a inevitable pegada que para sempre Teresa Moure deixou no meu subconsciente coa súa última obra, Herba Moura.

    De mulleres e paixóns, se é que aínda queda xente que sexa quen de diferenciar entre ámbalas dúas cousas, de iso trata Herba Moura. Paixón pola vida, polo amor, polo sexo, polo desexo, por mulleres e por homes, por fillos, por saber, por coñecer o pasado e por riba de todo, por sentir todo isto.

    Moure escribe paseniño unha Biblia para meigas novas. Cada recuncho do texto é un pequeno escondrixo no que se deitar a durmir para termos soños lixeiros, que voen sen ás, que acariñen sen mans e den de comer ás almas ademais de aos corpos.

    Herba Moura garda entre as súas páxinas a vida de varias mulleres que se entrelazan nunha histórica viaxe dende a Holanda que rexenta a raíña Cristina de Suecia ata a Galicia contemporánea. Ademais das curvas do corpo e do destino, teñen en común unha fina ironía e unha densa sabedoría popular que impregna toda a obra e que fai que sexa imposible non sentir ganas de roubarlle os pensamentos a Moure.

    Remedios de amor con moralexa e con sabios consellos que veñen de mulleres que non é que sexan de armas tomar como nos di Teresa, senón que son elas mesmas as armas, bicos que desexaríamos ter dado nós no canto delas, feitizos máxicos que nalgún intre da vida quereriamos ter a man…

    Polas páxinas de Herba Moura circula unha sorte de sangue de muller que desvela unha incrible historia a modo de carta, de receita, de poema… todos eles, textos de mulleres que son distintas pero que no fondo son unha mesma, a muller que todas temos dentro.

    ______

    Mientras remuevo con cuidado la taza que hoy me hace compañía, dejo que suba despacio por mi nariz el vivo y fresco aroma de frambuesa. Se entremezcla con el de la ropa recién planchada que acabo de dejar en el cesto. Cuando se mezclan ambos olores, y como si de un acto reflejo se tratara no puedo evitar cerrar los ojos y sentirme en la casa de Hèléne Hans escondida junto a sus hierbas y hechizos mágicos. Esta es sin duda la inevitable huella que para siempre Teresa Moure dejó en mi subconsciente con su última obra, Herba Moura.

    De mujeres y pasiones, si es y que aún queda gente que sea capaz de diferenciar entre ambas cosas, de eso trata Herba Moura. Pasión por la vida, por el amor, por el sexo, por el deseo, por las mujeres y por los hombres, por los hijos, por saber, por conocer el pasado y por encima de todo, por sentir todo esto.

    Moure escribe despacio una Biblia para nuevas brujas. Cada rincón del texto es un pequeño escondrijo en el que acostarse a dormir para tener sueños ligeros, que vuelen sin alas, que acaricien sin manos y den de comer a las almas además de a los cuerpos.

    Herba Moura guarda entre sus páginas la vida de varias mujeres que se entrelazan en un histórico viaje desde la Holanda que regenta la reina Cristina de Suecia hasta la Galicia contemporánea. Además de las curvas del cuerpo y del destino, tienen en común una fina ironía y una densa sabiduría popular que impregna toda la obra y que hace que sea imposible no sentir ganas de robarle los pensamientos a Moure.

    Remedios de amor con moraleja y con sabios consejos que vienen de mujeres que no es que sean de armas tomar como nos dice Teresa, sino que son ellas mismas las armas, besos que desearíamos haber dado nosotras en lugar de ellas, hechizos mágicos que en algún momento de la vida querríamos tener a mano…

    Por las páginas de Herba Moura circula una suerte de sangre de mujer que desvela una increíble historia a modo de carta, de receta, de poema… todos ellos, textos de mujeres que son distintas pero que en el fondo son una misma, la mujer que todas tenemos dentro.