Implicadas Rotating Header Image

O bosque dos raposos aforcados

Xusto cando Naska acababa de poñer o vestido de ir a misa e os mellores zapatos, dous coches entraron botando chispas na eira. Non pasara nada semellante en moitos meses.

Por Deus! É que xa a viñan buscar para levala ao asilo de Inari? A anciá sobresaltouse de súpeto. Peiteou con rapidez o seu escaso cabelo e despois dirixiuse ás escaleiras para recibir aos visitantes. Tiña que ser amábel con eles, para que non volvesen coa leria de trasladala ao asilo. Alí tiña unha casa propia. Por que raio había marchar, con todas as cousas que tiña que facer e o vella que estaba?

___
Nacho Torrado donou O bosque dos raposos aforcados, de Arto Paasilinna (Rinoceronte) Trad. Tomás González Ahola

Os comentarios están pechados.