Implicadas Rotating Header Image

Miguel Anxo Murado

Naceu en Lugo no ano 1965. Escritor, xornalista e guionista. Estudou Xeografía e Historia, especializándose en Arqueoloxía. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos. Foi guionista de series como Pratos combinados e Mareas vivas e de lungametraxes como La ley de la frontera (Adolfo Aristain) e Finisterre (Xavier Villaverde). Como xornalista foi director de Radio Círculo (Madrid) e correspondente de guerra nos Balcáns (1991-1993). Residiu durante varios anos en Oriente Medio, onde, traballando para as Nacións Unidas, foi xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e do Ministerio para Belén 2000. Máis adiante foi correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada. Actualmente publica crónicas políticas en La Voz de Galicia e colabora con varios medios británicos, como a radio da BBC e o xornal The Guardian.

Premios
En 1983 gañou o premio Café Gijón de novela curta en castelán con Metamorfosis benezianas.
En 2008 recibiu o Premio da Crítica Galicia pola súa obra O soño da febre, dentro da sección de Creación Literaria.

Obras En galego
Narrativa
De soños e derribos, 1986. Publicado como Memoria de derribos en 1993.
Ruído. Relatos de guerra, 1995 (5ª edición no 2000)
Mércores de cinza, 1997 (2ª edición no 2006)
O soño da febre, 2007

Poesía
Bestiario dos descontentos, 1985, ilustrado por Antonio Murado.
Lapidario, 2004

Teatro
A grande noite de Fiz, 1994
Historias peregrinas, 1995

Ensaio
Luis Pimentel, unha fotobiografía, 1990, biografía de Luís Pimentel.
Caderno de Xapón, 2001
Fin de século en Palestina, 2008

Obra en castelán
Metamorfosis benezianas, 1983
Ruído, relatos de guerra, 1997
La Segunda Intifada. Historia de la revuelta palestina, 2006
Otra idea de Galicia, 2008
Fin de siglo en Palestina, 2008

Máis información, na web do autor

Os comentarios están pechados.