Implicadas Rotating Header Image

Arredor de Palestina

Comezamos a ler Fin de Século en Palestina e a actualidade demóstranos, unha vez máis, a crueldade do conflicto. O exército israelí interceptou esta madrugada unha flota de seis barcos que transportaban axuda humanitaria para Gaza. No ataque morreron polo menos 10 activistas e resultaron ferid@s alomenos outr@s 30. Podedes seguir a información, minuto a minuto, aquí.

Para contextualizar as últimas noticias, propoñémosvos revisar a evolución histórica do conflicto. Poden axudarvos estos tres cronogramas: 1 (chega ata 1997), 2 (ata 2002) e 3 (ata o 2006).

Tamén vos pode axudar o documental Shoot an elephant, de Alberto Arce e Mohammad Rujailah, que podedes descargar e ver na súa web.

E sempre é boa idea escoitar música de Palestina. Por exemplo, a de Reem Kelani. Aquí vai un primeiro petisco. E achegarse á súa literatura. Da man, por exemplo, de Mahmud Darwish.

___
*A imaxe é de Forges e publicouna hoxe o diario El País.

Os comentarios están pechados.