Implicadas Rotating Header Image

Atención, navegantes

Clubs de lectura IND

Clubs de lectura IND

O Club de Lectura Virtual de IND está a piques de abrir as súas portas.

Entre novembro de 2009 e xuño de 2010, leremos seis libros, a un ritmo dunhas 100 páxinas cada dúas semanas. Con cada lectura, irémosvos proporcionando información básica do libro e do seu autor ou autora e materiais que vos axuden a entender e contextualizar a obra. Tamén teremos unha lista de correo a través da cal poderedes (poderemos) platexar dúbidas, expresar opinións e compartir a experiencia da lectura. Cada quince días, ademais, reunirémonos virtualmente nun chat que durará aproximadamente unha hora, para debater sobre o libro e sobre a temática social que trata. Unha vez rematada a conversa virtual, tanto os materiais de apoio como a transcrición do chat quedarán a disposición de todas aquelas persoas que accedan ao arquivo de lecturas do club e nós comezaremos de novo o proceso, cunha nova lectura…

O mércores 18 de novembro manteremos o primeiro encontro. Se queres participar, escríbenos a implicadas.clubdelectura (de) gmail.com.

3 Comments on “Atención, navegantes”

  1. #1 Rosg.
    on Nov 10th, 2009 at 16:50

    Esta página me parece muy interesante. ¿Tiene que ser en gallego?. Me encanta el gallego, como todas las otras lenguas, pero no lo escribo, ni lo hablo y me cuesta leerlo. Comprendo que sois una comunidad para gallegos. ¿Pero sólo en gallego?.

    Gracias. Saludos cordiales.

  2. #2 implicadas
    on Nov 14th, 2009 at 19:59

    En realidade, Rosg, nos chats podes participar en castelán, porque tod@s te entenderemos perfectamente, pero os libros (sobre todo os tres últimos) terás que lelos en galego, xa que por desgraza aínda non están traducidos a outras linguas.
    Grazas polo teu interese. Saúdos.

  3. #3 Ata pronto! – Implicadas
    on Set 7th, 2010 at 21:23

    […] Parece que foi onte e xa pasaron oito meses dende aquel primeiro aviso para navegantes. […]