Implicadas Rotating Header Image

O símbolo perdido

– Os seus ollos téñeno a vostede cegado -dixo o deán-. Se vise a través das xemas dos dedos, como fago eu, decataríase de que esta caixa aínda ten algo que ensinarlle.
Langdon obedeceu e pasou a xema do dedo polo interior da caixa, mais non sentiu nada. O interior estaba completamente liso.
– Siga buscando -instouno Galloway.
___
*Carlos Coru donou O símbolo perdido, de Dan Brown (Grup 62)

Melodía de días usados

A vida é un libro marabilloso, o máis grande de todos e lese sobre todo entre liñas. Por iso hai que relelo continuamente, porque cada día, cada posición, é sorprendente. Mañá é xoves: talvez corte o pelo

___
*Pilar Rodríguez donou Melodía de días usados, de Anxos Sumai (Galaxia).

Home sen nome

E digo que non sei e si que sei, sei que todo o que me vén de aló ten significado. Ninguén pensa en min para escribirme por pasar o tempo, non teño quen me escriba cartas de amor, ou para contarme as novas de aló, daquela casa, daquela terra, daquela cidade levítica onde non hai novidades. Sei que diga o que diga o papel que contén ese sobre engurrado ten significado, que é unha mensaxe que se me envía e á que lle debo dar desposta. Unha desposta na miña vida. A que abra o sobre ocorrerá algo, ocorrerame algo.

___
*Juan Torres donou Home sen nome, de Suso de Toro (Xerais).

Herba moura

… o tempo, como tantas outras cousas, habelo haino, o caso é que se apiade de nós e pase a un ritmo razoablemente lento, non tanto como para aburrírmonos, que diso non se trata, mais sabendo que traza unha frecha que só pasa por diante nosa unha vez, que menos que permita que vaiamos collendo tantos vieiros como sexa posible!
___
*Puri Blanco donou Herba Moura, de Teresa Moure (Xerais).

A esmorga

¿Feitos? Feitos sonlle todos, tanto os que pasan fóra dun coma os que pasan dentro dun. O que pasou, pasou. E arestora xa ren queda do que pasou fóra dun, senón dentro dun. Agora todo está dentro de min, e si non me peta de me baleirar do que teño dentro, pois o que pasou queda coma se non tivera pasado.
___
* Adrián Tobío donou A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (Galaxia).

O demo nos outeiros

“Eramos moi novos. Creo que naquel ano non durmín nunca. Pero tiña un amigo que aínda durmía menos ca min e, algunhas mañás, xa se vía pasear por diante da estación , á hora que parten e chegan os primeiros trens.”

___
*Xavier Campos donounos O demo nos outeiros, de Cesare Pavese (Xerais). Tradución de Xavier Rodriguez Baixeras.

Níxer

“Porque unha vida en Occidente non ten prezo, pero a vida en África non ten valor”.

___
* Sonia Díaz recomenda Níxer (Xerais, 2010).

Fin de século en Palestina

“Era moi tarde, pero eu aínda tiña moito que facer polo que decidín prepararme un té con menta e permanecer en pé o que quedaba de noite. Cada pouco ía durmir un sono duns minutos no trono do Papa, procurando non adormecer de todo. Pero ás seis ou sete da mañá a canseira venceume. Fíxome acordar un dos policías. Temeroso de incomodarme, tocoume levemente no antebrazo e murmurou:
-Sidi,sidi,Sir…
Ao abrir os ollos, vin o seu xesto preocupado. Daquela, nun ton que non estaba moi certo de se me ía convencer, ou sequera de se facía ben lembrándomo, o policía díxome:
-Mr. Baba, sir… Faille falta a cadeira. Para sentar el…”

___
*Luis Losada recomendounos Fin de século en Palestina, de Miguelanxo Murado (Galaxia, 2009).

Seda

“De cando en vez, nos días de vento, Herè Joncour baixaba ata o lago e pasaba horas mirandoo, posto que, debuxado na auga, parecíalle ver o inexplicable espectáculo, lene, que fora a súa vida”
___
*Pitty donou Seda, de Alessandro Baricco (Rinoceronte).

Fabulario Novo

DEGARO

Sobor de todo, ser, e fronte a todo
e contra todo: xurdir do corazón feito semente
para o suco que as poutas do vértigo
abriron nas escumas do naufraxio.

Sobor de nada, ser, e fronte á nada
e contra a nada, xurdir;
xurdir ergueito da xerfa dos degaros
para unha estela de odio, amor e ira
distendida até o ceo.

___
Laura Goldar donounos Fabulario Novo, Manuel Cuña Novás (Fundación Cuña-Casabellas, 2008)